Bercian@, Por que estudar galego no Bierzo?

                Porque é un idioma moi sinxelo e doado de aprender.

                Porque é a língua própria da comunidade galegofalante, maioritáriamente usada no Bierzo occidental.

                Porque forma parte do património lingüístico do Bierzo, estando presente na fala popular, a toponímia, a onomástica, os rueiros, a literatura oral (contos, adiviñas, ditos, lendas...), as tradicións (os maios, o magosto, o entroido...), o direito consuetudinário (as veceiras, as facendeiras, os montes de man en común...), a música, etc... o cal debemos conservar e transmitir ás futuras xeracións de bercian@s

                Porque é o idioma oficial de Galiza, ampliamente utilizado polos seus habitantes, asi como pols Administracións públicas (Xunta, concellos, universidades...), e o seu coñecemento facilita a comunicación nesta Comunidade Autónoma.

                Porque con esta língua poderás continuar os teus estudos universitários sen problemas, ampliando a oferta de carreiras, en calquera dos sete cámpus galegos (Compostela, Lugo, A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra e Ourense).

                Porque o galego é un instrumento útil para atopar traballo, tanto público (requisito nas oposicións) coma privado (un idioma máis para o teu curriculum), na Comunidade Autónoma veciña.

                Porque te permitirá acceder aos médios de comunicación galegos (TVGalega, Rádio Galega, xornais, rádios...), asi como ás novas tecnoloxias da información (Internet, telefonia móbil, vídeo, DVD, CD-ROM...).

                Porque poderás, tras saber galego, aprender tamén portugués co mínimo esforzo, idioma oficial da Unión Europea e optar polas universidades lusas mediante as becas europeas Erasmus.

                Porque tes a posibilidade de coñecer a rica cultura galegoportuguesa, xa sen traducción, tan variada a nivel literário (Manuel Rivas, J. Saramago, P. Coelho...), musical (Luar na Lubre, Madredeus, J. Afonso...), televisivo (TVPortuguesa, programa Xabarín ou série Mareas Vivas da TVG...), cinematográfica (película Fisterra...), teatral (Centro Dramático Galego... ).

                Porque a cultura galegoportuguesa facilita o acceso a un grande mercado de máis de 200 millóns de cidadáns (Galiza, Portugal, Brasil, Angola...)

 

APRENDE O OUTRO IDIOMA DO BIERZO

APRENDE GALEGO

E TRIUNFARÁS.