CAMPAÑA REIVINDICATIVA NO CONCELLO DE CARRACEDELO


Este novo curso escolar 2003-04 levaremos a cabo unha campaña social a prol do ensino do galego no CRA de Carracedelo. Este centro abrangue as poboaciois de Carracedo, Posada, Viladepaos, Vilamartín, Vilaverda da Abadía e Carracedelo. Unha zona situada na chaira beciana cun grande potencial socioeconómico (hortofrutícola, turístico, agroalimentario, hostaleiro, etc) e ben comunicado a través da Autovía do Noroeste e do ferrocarril, con boas expectativas de desenvolvemento futuro. Situado en pleno territorio galegofalante do Bierzo, foi zona pertencente aos mosteiros de Carracedo e Samos, a súa poboación aínda conserva con vixencia a nosa lingua. Sen embargo, sorprende que o seu Centro escolar rural agrupado de Carracedelo siga sen incorporar o galego como materia de ensinanza. en fin, un centro escolar alleo á realidade sociolingüística da súa contorna. Por iso mesmo convén principiar unha campaña reivindicativa para animar ao ensino do galego no dito centro escolar. A campaña consistirá no reparto, casa por casa das citadas localidades, de carteliños instando á demanda do ensino do galego. Carteliños que mesturarán texto en galego e debuxos para facer máis fácil a comprensión da nosa mensaxe entre a poboación con dificultades claras para comprender o galego escrito. Outra fase da campaña irá dirixida aos profesores e asociaciois de pais e nais dos centros agrupadoss co reparto de folletos informativos específicos sobre as vantaxes de estudiar galego. Tamén se fará o mesmo cos políticos do concello de Carracedelo e os pedáneos. Coa mesma intención contactaremos coas asociaciois culturais, xuvenís, etc da zona. Trátase dunha campaña reivindicativa que esixirá facer moitos quilómetros e que terá de duración todo o curso académico. Os obxectivos serán conseguir o ensino do galego neste Colexio rural agrupado e unha maior concienciación da poboación respecto da nosa cultura galegaberciana.