FORTE OFERTA DE PROFESORES DE GALEGO NO BIERZO


Máis de 80 persoas se apuntaron para cubrir as tres prazas de profesores dos institutos de secundaria que imparten a materia de galego. Eses centros educativos son o IES "Padre Sarmiento" de Vilafranca do Bierzo, o IES "Bergidum Flavium" de Cacabelos e o IES "Europa" de Ponferrada. A Dirección Provincial de Educación de León informa que se resolverá a adxudicación das tres prazas durante a última semana de agosto. Sen embargo, hai que considerar insuficiente esta oferta educativa de profesores de galego, sobre todo para o concello de ponferrada, que ten numerosos institutos. Neste sentido convén recordar que o IEs "Gil y Carrasco" desta cidade se mobilizou durante anos pola consecución da impartición de clases de galego. Na primeira ocasión contou coa oposición da Dirección Provincial de Educación e no segundo intento máis recente coa negativa do Claustro de Profesores. Estas dúas resistencias, tanto das autoridades educativas como das académicas, crearon un ambiente desfavorable na comunidade educativa ao ensino do galego neste centro escolar.

Manda un e-mail ao IES Gil y Carrasco exixindo o dereito a recibir aulas na nosa lingua: ies.gil.y.carrasco@centros4.pntic.mec.es