CARTA ABERTA ÁS EDITORIAIS E ÁS LIBRERÍAS GALEGAS

DO COLECTIVO CULTURAL FALA CEIBE DE PONFERRADA

ANTE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO.

 

No Bierzo está medrando nos últimos anos o interese social pola cultura e a lingua galegas. Corno exemplos disto salientarnos a reivindicación lingüística para que a materia de galego se poida estudiar nos centros educativos ou a audiencia que teñen os medios de comunicación galegos (TVG, radios, prensa, internet...). Sen embargo, a infraestructura cultural en galego aínda é moi insufienciente na comarca.

O colectivo cultural Fala Ceibe trata de dar resposta a esta problemática lingüística lingúística coa organización de variados actos en galego. A vuideira celebración do día das Letras Galegas no Bierzo será unha boa ocasión de cara a satisfacer esta demanda cultural da comunidade galegofalante. Estamos programando diversas actividades atractivas para este 17 de maio. Entre elas subliñamos a DOAZÓN DE LIBROS EN GALEGO ás bibliotecas públicas de Ponferrada, Cacabelos, Vilafranca, Camponaraia, Carracedelo, Arganza, Toral dos Vados, os bibliobuses da Deputación e outras máis. Este labor altruista representa a continuación do feito o ano pasado.

 

Fala Ceibe trata coa iniciativa de compensar parcialmente esta carencia sociocultural que hai nas bibliotecas municipais, ademais de animar ás Administracións públicas correspondentes a que tomen as medidas axeitadas para o fornecemento de libros en galego, e fomentar a demanda lectora entre a sociedade berciana. Sen embargo, este colectivo cultural non ten capacidade económica para mercar os libros. Velaí a necesidade de facer este PEDIMENTO ÁS EDITORIAIS E ÁS LIBRERÍAS GALEGAS para que apoien esta iniciativa sociocultural de balde. Esta remesa de pequenos feixes de libros vai ser de grande axuda. Libros para satisfacer a demanda lectora infantil e xuvenil especialmente.

 

FALA CEIBE COMPROMÉTESE a facer publicidade das editonais e as librerías galegas doadoras de libros ante tódolos medios de comunicación comarcais. Tamén faremos a distribución dos lotes de libros recibidos entre as ditas bibliotecas públicas. Posteriormente remesaremos ás editoriais e ás librerías colaboradoras os xustificantes expedidos polos centros culturais receptores dos libros.

 

Outras actividades programadas para o Día das Letras Galegas do 2000 serán as exposicións de libros en galego na biblioteca pública da Casa da Cultura de Ponferrada (avda. Reino de León, 22, tfno. 987412370), e dos fondos bibliográficos galegos de diversas librerías da cidade nos seus escaparates. Procuramos provocar o impacto visual dos potenciais lectores, consumidores e peóns coas exposicións dos libros e os carteis en galego. Por iso queremos facer o pedimento ás editonais galegas para que adxunten nas súas remesas CARTEIS EN GALEGO (sobre o Día das Letras Galegas, as novidades literarias, o fomento da lectura...). Materiais que axudarán a conseguir a eficacia desexada. No fondo queremos potenciar a concienciación plurilingüe da sociedade berciana, capaz de manifestarse nunha demanda lectora e, polo tanto na activación do mercado cultural galego na ampla área funcional de Ponferrada.

 

Colectivo Fala Ceibe.