Jesús García y García, Pueblos y ríos bercianos. Significado e Historia de sus nombres


Este libro presenta unha parte do que foi a tese doutoral deste filólogo, profesor xubilado do IES "Álvaro de Mendaña" de Ponferrada. O autor analiza, concello a concello, a orixe etimolóxica dos seus pobos e ríos bercianos. Deste xeito os datos toponímicos que nos subministra axudan tamén á delimitación lingüística entre os idioma territoriais galego e asturleonés no Bierzo. Importante tamén é salientar que na súa tese defende a superposición do idioma galego sobre o sustrato previo asturleonés. Para basear a súa postura determina os tres sucesivos procesos de influencia galega no Bierzo. Así, concreta primeiro na época visigoda que galeguiza o oeste da comarca dende o río Burbia. Un segundo proceso aconteceu coa chamada "galeguización eclesiástica", despois da Reconquista e naque se salienta o fito da cesión de Cacabelos, por parte do Rei Afonso VII, ao arzobispo compostelán. Período no que tamén interveñen mosteiros galegos veciños como o de Samos. A terceira fase abrangue desde a caída da ordedo Temple no Bierzo ata os Reis Católicos que finalmente impuxeron aadministración castelá. Segundo o autor, a nova zona galeguizada foi a de Cornatelo.