Antonio Fernández y Morales. Ensayos poéticos en dialecto berciano, Instituto de Estudios Bercianos, Ponferrada,2003.


 Trátase dun libro moi agardado dende hai anos pola importancia que Antonio Fernández Y Morales ten para o prestixio da lingua galega do século XIX. Don Antonio, animado polo filólogo catalán, Mariano Cubí y Soler, interesouse pola nosa lingua, froito da investigación do primeiro xurdiu a obra que comentamos. Nela recóllese abundante información sobre o galego da zona de Cacabelos, onde el vivía. El consideraba o chamado berciano un subdialecto galego, e procuraba as formas máis autóctonas, fronte a outras, que máis ao leste, castelanizan, ou máis ao oeste, galeguizan. O seu traballo recolle abundantes manifestaciois da tradición oral galega do Bierzo. O libro que comentamos amosa uns interesantes estudios introductorios sobre a bibliografía de Antonio Fernández y Morales, tamén sobre o valoramento literario da obra, e mailo estudio filolóxico do galego que xorde nos Ensayos poéticos. Quizais o lque máis se bota de menos é a non inclusión dalgunhas cartas que Don Antonio e Don Mariano Cubí y Soler intertrocaron entre O Bierzo e Cataluña. Este manuscritos seguro que poderían clarexar moito desta peculiar relación investigadora. O titular actual das ditas cartas, Jesús A. Courel, Director do museo do Bierzo de Ponferrada, xa insinuou hai tempo o contido desas cartas a través dun xornal provincial, pero agora, coa edición deste libro, era o millor momento para facelas públicas na súa integridade.