Novos pasos no camiño |
![]() |
||
O Bierzo e Galiza non soamente comparten unha veciñanza senón tamén unha dinámica histórica indubidable. Sen embargo, a actual «raia» política entre ámbolos dous territorios tende progresivamente a separarnos. Hai un temor xustificado a que a pertenza a Comunidade Autónoma de Castela-León supón unha perda da identidade galegoberciana. Así a nosa identidade cultural minorizada soporta moi mal as consecuencias da imposición de políticas lingüísticas antigalegas. Ante este contexto galegoberciano esmorecido é mester reaccionar en defensa da nosa identidade. Por mor disto nace un novo proxecto cultural que presentamos co nome de PORCOESPIÑO. Trátase dunha revista plural, aberta á participación de todos e todas. Un medio de comunicación que será voceiro da nosa cultura asoballada. Procuramos o restablecemento pleno da liberdade de expresión na comarca. Neste sentido ainda hai que bater contra moitos atrancos que impiden o exercicio lexítimo deste dereito na lingua galega. PORCOESPIÑO profundará nas relacións culturais entre
a Galiza administrativa e a comarca do Bierzo. Os seus contidos fomentarán a análise da
nosa problemática. |