Polo galego no ensino berciano

Xabier Lago Mestre


 
 

A minoria galegofalante do Bierzo sufre numerosos ataques das institucións de Castela e León. Entre eles salientamos o continuo aprazamento da implantación da materia de lingua galega no ensino regrado. Xa é moito tempo de reivindicación neste sentido, e pouco temos avanzado. O feito máis grave aconteceu no curso 1998-99, cando se suprimiu a profesora de galego do colexio público do concello da Ponte de Domingo Flórez, despois de ter consolidada esta materia voluntaria. Durante estes últimos anos a Junta de Castela e León sempre contrarrestou as demandas polo recoñecemento do lexítimo dereito ao ensino
do galego do mesmo xeito, coa desculpa revirada de que inda non asumira a competencia en materia educativa. Agora, desde xaneiro do 2000, a Administraci6n rexional xa conta co correspondente traspaso competencial. Asi pois, ¿qué alegará para retrasar a execución do galego no ensino berciano? Mentres tanto a mocidade segue a rematar os seus estudios sen poder aprender o galego, o que
provoca a desmotivación xeral. Con todo, cómpre implicar máis neste proceso educativo á Xunta de Galicia. A Junta sempre racafiará os medios para un proxecto educativo que considera «alleo». Velaí a necesidade de contar coa axuda que debe vir de Galicia, a cal complementará as insuficiencias de orde material, persoal e económico que oferte a Administración castelá. Lembremos que pola Lei galega de Normalización Lingüística a Xunta está obrigada a protexer o «galego exterior". E o mellor xeito de facelo é a través da sinatura dun convenio de colaboración enfre ámbalas duas institucións, as ditas Xunta e Junta. Trátase de fixaren polo miúdo a relación de medios postos a disposición da implantación do ensino galego na Senabria e O Bierzo, así como de excutaren a planificación lingüística común no eido educativo. Pola outra banda, sen abandonar a reivindicación fronte á Administración, urxe principiar unha campaña de concienciación lingüística no seo da comunidade escolar. Hai un perigo certo de que a Junta aproveite a baixa demanda inicial de ensino galego que poida haber para reducir o seu apoio. A Administración trata de evitar que medre o interese social por esta nova oferta educativa plurilíngüe. Calquera publicidade ou información verbo do asunto pode ser contraproducente para o fomento da identidade castelá-leonesa.