O recuncho da Lingua


No Porcoespiño non pode faltar un espacio dedicado á aprendizaxe do galego. Será na sección O RECUNCHO DA LINGUA. Con cada novo boletín procuraremos acercar a nosa lingua aos lectores, tanto ós que a descoñezan coma os que teñan dificutades con ela. Trátase dun cursiño moi sinxelo de seguir.

Outra cuestión que convén significar é a utilización da nominativa. Traballaremos coa do ILGA (Instituto da Lingua Galega) e RAG (Real Academia Galega) por ser a que ten máis uso administrativo e social en Galicia. E, polo tanto, a máis axeitada para os lectores e lectoras, galegofalantes ou non, pola súa facilidade. Sen máis, comezamos cos ARTIGOS DETERMINADOS, esas palabras que sempre acompañan aos sustantivos. Poñamos uns exemplos: A VILA DO BIERZO e O AUTO DE XOAN. Temos os casos de A e de O que son feminino e masculino singular, respectivamente. Para os plurais usamos AS e OS, os cales concordan en xénero e número co seu correspondente sustantivo. Así, escribimos: AS VILAS DO BIERZO e OS AUTOS DE XOÁN.

Isto non ten dificultade ¿verdade?. Quizais o problema estea en que se antecede unha preposición aos artigos debemos contraer ámbalas palabras. É o caso anterior de AS VILAS DO BIERZO, é dicir, DO (DE+O). Disto derivan as oufras formas DA (DE+A), DAS (DE+AS) e DOS (DE+OS). Sempre hai que contraer nestes casos. Así, non está ben escribir A CASA DE OS PAIS en lugar de poñer o correcto A CASA DOS PAIS (cast. Padres).

E isto mesmo acontece tamén coas outras preposicións: A, CON, EN, POR e TRAS que contraen segundo o establecido no seguinte cadro. Na parte superior están os artigos determinados e na parte vertical-esquerda as preposicións.

MASC./SING FEM./SING. MASC./PLUR. FEM.PLUR.
O A OS AS
A Ó/AO Á ÓS/AOS ÁS
CON CO COA COS COAS
EN NO NA NOS NAS
POR POLO POLA POLOS POLAS
TRAS TRALO TRALA TRALOS TRALAS
DE DO DA DOS DAS

Exemplos tirados do cadro anterior son:

- EU ESTOU NA CASA.

- TI VAS COA CARTEIRA DA ESCOLA.

- NOSOUTROS PASAMOS POLA PONTE (cast. puente).

- ELAS VAN TRALOS CABALOS.

- VIAXAMOS Á CIDADE DE PONFERRADA